Elbo, José

Elbo, José

Pintor. Formouse con José Aparicio en Madrid. Presentouse ás pensións da Real Academia de San Fernando pero foi rexeitado. Dende entón gozou da protección do duque de Osuna e do embaixador inglés en Madrid. Da súa produción artística destaca La familia de Cayetano Fuentes (1737), La plaza de toros de Madrid en un día de corrida (1841?), Vaqueros con su ganado (1843) e Torada en La Muñoza. Foi membro de mérito da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Úbeda

  • Deceso

    Lugar : Madrid