Elduayen Mathe, Ángel

Elduayen Mathe, Ángel

Militar e político, marqués de Elduayen, fillo de José Elduayen Gorriti. Membro da Armada, acadou o grao de tenente de navío en 1891 e de capitán de fragata en 1913. Membro do Partido Conservador, foi deputado por Vigo en 1891 e representou a Lalín ata 1903, data na que pasou a representar a Pontevedra no Senado. Ata 1920 formou parte, entre outras, das comisións que estudiaron a anexión do concello de Bouzas ao concello de Vigo e a declaración do porto de Moaña de interese xeral.

Cronología

  • Nacemento

  • Deceso