Elea, escola de
Elea, escola de
Escola filosófica presocrática formada por Xenófanes de Colofón, Parménides, Zenón de Elea e Meliso de Samos na cidade de Elea, no S de Italia. Propugnou a unidade de todo o que existe e a concepción continua do Universo. Foron os primeiros en formular temas de metafísica e, en particular, a relación entre a realidade e a razón.