Elea
Elea
Antiga cidade situada na costa italiana do Mar Tirreno, ao S da Campania, coñecida tamén como Veleia. Fundada entre o 535 e o 530 a C por colonos gregos de orixe focio, formaba parte da Magna Grecia.