electrodo
(< electro- + gr ὁδός ‘camiño’)
-
s
m
[FÍS]
Condutor eléctrico a través do cal pode entrar unha corrente eléctrica nun medio ou saír del. Este medio pode ser un sólido, unha disolución electrolítica, unha substancia fundida, un gas ou o baleiro. Empréganse electrodos en distintos aparatos, nos que reciben nomes específicos: nos xeradores químicos e acumuladores eléctricos, o ánodo é o emisor de electróns e o cátodo o receptor; na electrólise, o ánodo está unido ao polo positivo do xerador e o cátodo ao negativo; nos tubos electrónicos, o cátodo é o emisor de electróns ou receptor de cargas positivas, o ánodo ou placa é o receptor de cargas negativas e a reixa é o controlador da corrente, mentres que nos transistores é o emisor, base e colector. En certos casos, como na electrólise ou nos tubos de gas, prodúcese na superficie dos electrodos un cambio de condución eléctrica con produción ou desaparición de ións. En medidas electrométricas de acidez ou alcalinidade emprégase como referencia o electrodo de calomelanos ou outros, como os de prata, os de cloruro de prata, os de hidróxeno ou os de vidro.
-
s
m
[TECNOL]
Barra constituída por un núcleo metálico e un recubrimento non metálico, ou parcialmente metálico, que se emprega para a deposición do material de soldadura.