electroencefalografía
(
Obtención e interpretación dos electroencefalogramas, que permite o estudo dos fenómenos eléctricos recollidos no electroencefalógrafo e que teñen lugar no encéfalo en condicións normais e patolóxicas. Foi introducida en 1924 por H. Berger, quen rexistrou por primeira vez o potencial de acción dun conxunto de neuronas cerebrais. Os electrodos colócanse normalmente en contacto coa pel da cabeza interpoñendo un xel condutor e, en condicións especiais, directamente sobre a codia cerebral (electrocorticograma) ou na profundidade do cerebro (estereoelectroencefalograma). Tendo en conta a colocación dos electrodos, distínguense dúas clases de derivacións: as monopolares e as bipolares, segundo haxa un ou dous electrodos activos, respectivamente.