electrólito

electrólito

(

s m [FÍS/QUÍM]

Substancia que, fundida ou disolta nun solvente ionizante, se disocia proporcionando ións e, xa que logo, se volve condutora da electricidade. Os electrólitos clasifícanse en fortes e febles, en función de que a súa disociación sexa completa ou non, e en ionóforos e ionóxenos, en función de que os ións en estado sólido preexistan ou non. A condutividade electrolítica é produto do movemento dos ións, positivos e negativos, e isto diferénciaa da condutividade debida aos electróns, como ocorre na condución dos metais.