electrostática
electrostática
(
s
f
[FÍS]
Parte da electricidade que estudia as interaccións entre as cargas eléctricas en repouso. A lei cuantitativa que rexe as forzas electrostáticas estableceuna Ch. A. de Coulomb en 1785. Historicamente, foi a parte da electricidade que primeiro se desenvolveu. Así, a electrización por fricción de certas substancias (vidro, ámbar, etc) xa a coñecían os gregos, pero non foi ata o Renacemento cando se comezaron a estudar estes fenómenos cientificamente e a ter aplicación práctica. As forzas electrostáticas poden ser comparadas e medidas mediante o electroscopio e o electrómetro.