elevación

elevación

(< lat elevatĭōne)

  1. s f

    Acción de elevar ou de elevarse.

  2. s f

    Parte máis alta dunha cousa con respecto ao que a circunda.

    Ex: O terremoto produciu unha elevación no terreo.

    Antónimos: depresión.
  3. s f

    Calidade de elevado, especialmente en sentido espiritual.

    Ex: A elevación dos seus sentimentos convertíano nun ser superior.

  4. s f [ESPECT]

    Técnica coreográfica introducida no ballet no s XVIII que consiste na creación dun efecto de ingravidez por medio de saltos e doutros movementos complementarios.

  5. s f [DEP]

    Parte da acción do salto de altura que se inicia cando o atleta perde o contacto co chan. Tamén se lle chama voo.

  6. s f [DEP]

    En ximnasia, movemento lento dos membros superiores ou inferiores que se separan do eixe principal para poder colocarse de fronte ou de costado sobre o nivel da articulación correspondente.

  7. s f [MAT]

    Proxección ortogonal dunha figura ou dun corpo sobre o plano vertical dun sistema de dous planos, onde o outro é horizontal.

  8. s f [RELIX]
    1. Xesto que consiste en presentar unha ofrenda á divindade. Descubriuse nas ánforas orientais e no canon romano.

    2. Xesto que na misa romana consiste en amosar a hostia e o cáliz para a veneración dos asistentes. Introduciuse no s XIII.

    3. Parte da misa na que se leva a cabo esta acción.

Palabras veciñas

Eleuterio | eleuterozoo | Eleuthera | elevación | elevado -da | elevador -ra | elevar