Eleuterio
Eleuterio
santo (Nicopolis, Epiro? - Roma 189) Papa (175-189). Enviou a Fugacio e Damián a converter os bretóns. Suprimiu algúns costumes que os cristiáns tomaran dos hebreos sobre a pureza e impureza dos alimentos. Enfrontouse ao montanismo. Venérase o 26 de maio.