Eleusis, misterios de
Eleusis, misterios de
[HIST]
Rituais en honor de Deméter e Perséfone, tutelados polo Estado, que se celebraban no mes de boedromión (setembro-outubro) durante a recolección. Lembraban o mito do rapto de Perséfone por Hades, a primeira pasaba parte do ano xunto á súa nai Deméter na Terra (a primavera e o verán) e nos meses fríos, cando a natureza morría, vivía baixo terra xunto a Hades. As festas iniciábanse cunha procesión desde Atenas ata Eleusis, baixo protección de Dioniso, e a cerimonia comezaba no santuario esa mesma noite. A iniciación constaba de tres fases sucesivas das que só se sabe que incluían fórmulas máxicas, visións e ritos de fecundidade. A súa divulgación considerábase un sacrilexio.