Elías

Elías

Profeta xudeu. Loitou por reafirmar a fe en Iavé nos últimos anos do reinado de Acab (874-853 a C) en Israel, de sincretismo apóstata en que se introduciu o culto a Baal, deus fenicio da fecundidade. Por mor do seu empeño en apartar o pobo israelita do culto, sufriu a persecución da Raíña Iezabel e tivo que fuxir ao monte Sinaí. Conta a lenda que cando volveu deste exilio atopou arando no campo a un mozo chamado Eliseu, a quen elixiría para que fose o seu sucesor como profeta iavista. A súa historia nárrase no Libro Primeiro dos Reis e na época cristiá críase que volvería nos tempos mesiánicos. Na iconografía acostuma levar unha túnica e unha capa de pelica ou o hábito dos carmelitas e o nimbo poligonal dos profetas, na man dereita empuña unha espada flamíxera e leva como atributos, o libro das súas profecías ou unha cartela. Adoita aparecer sentado no carro de lume ou recibindo a visita dun corvo. A súa festividade celébrase o 20 de xullo.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Tixbé de Galaad