Eliot, Thomas Stearns

Eliot, Thomas Stearns

Poeta, dramaturgo e crítico norteamericano. Estudiou filosofía en Harvard e París, e sánscrito e hindi en Harvard. Fundou e dirixiu a revista The Criterion (1922-1939) e foi o renovador da poesía inglesa moderna xunto con E. Pound. Da súa produción poética sobresae The Love Song of Alfred Prufrock (A canción de amor de Alfred Prufrock, 1915), The Waste Land (A terra erma, 1922), The Hollow Men (O home oco, 1925), Ash Wednesday (Mércores de cinza, 1930) e Four Quartets (Catro cuartetos, 1945). A súa obra dramática, escrita en verso, iniciouse con Murder in the Cathedral (Asasinato na catedral, 1935) e continuou con The Cocktail Party (1950) e The Confidential Clerk (O empregado de confianza, 1954). Como ensaísta publicou Dante (1929), Elizabethan Essays (Ensaios isabelinos, 1934) e The Music of Poetry (1942). Obtivo o Premio Nobel de Literatura en 1948.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Saint

  • Deceso

    Lugar : Louis, Missouri

  • Deceso

    Lugar : Londres