Eliseu

Eliseu
[ONOM]

Nome hebreo composto de El (apócope de Elohim ‘Deus’) e o verbo ish’ ‘salvar, axudar’, isto é, ‘Deus é salvador’. Introduciuse na lingua a través do grego ἐ λισα ῐ ος e o latín eclesiástico Elisaeus. Presenta a variante Eliseo e o hipocorístico Cholo. Eliseu foi un profeta bíblico (s IX a C) discípulo e sucesor de Elías. A súa festividade celébrase o 14 de xuño.

Palabras veciñas

Elisabethville | Elisardo | Eliseo | Eliseu | Eliseu | Elisio | elisio -sia