Elisio

Elisio

(< lat Elysius < gr Ἠλύσιονπεδίον ‘Campos Elisios, morada dosbenaventurados’)

[MIT]

Lugar de paz e de felicidade, un paraíso pre-helénico onde se supuña que ían as almas boas despois da morte. Na historia de Homero estaba situado na extremidade do mundo (pois pensaban que a terra era plana) onde os grandes heroes favoritos dos deuses se cargaban de corpo e alma e se transformaban en inmortais. Alí podían practicar as súas actividades favoritas, libres de preocupacións e doenzas. Posteriormente, considerouse como a morada bendita e paradisíaca dos mortos, onde as almas de heroes mortos, poetas, sacerdotes e outros homes bos e íntegros vivían en felicidade perfecta. Na mitoloxía romana, era unha parte do mundo subterráneo e un lugar de recompensas para o morto virtuoso; para algúns, era apenas un paraíso temporal. Ao redor das súas campiñas verdes fluía o Letes, río do perdón, do que tiñan que beber todas as almas no seu camiño de retorno á vida no mundo superior.

Palabras veciñas

Eliseo | Eliseu | Eliseu | Elisio | elisio -sia | Elísio, Filinto | elisión