Elle
Elle
Familia de pintores franceses coñecidos co nome de Ferdinand. Ferdinand Elle (Malinas 1585? - París 1640?) foi pintor de Luís XIII e mestre de N. Poussin. O seu fillo Louis Elle (París 1612 - 1689), que cultivou o retrato, tivo que abxurar do protestantismo para reingresar na Académie Française. Ao seu fillo Louis Elle (París 1648 - Rennes 1717), que cultivou o retrato e a pintura relixiosa, sucedeulle o mesmo ca o pai e abxurou da súa fe.