Ellesmere
Ellesmere
Illa do Océano Ártico, a maior do arquipélago Queen Elizabeth, Canadá (212.687 km2). É a illa máis setentrional do continente americano, separada de Groenlandia polos estreitos de Smith e Kennedy. A poboación é moi escasa e só existen pequenas comunidades illadas. EE UU e Canadá manteñen na illa unha estación meteorolóxica e radiofónica. É un altiplano levantado no centro e ao NO, coas costas accidentadas polos fiordos. William Baffin descubriuna en 1616 e Robert Edwin Peary explorouna en 1899.