Ellison, Ralph
Ellison, Ralph
Escritor estadounidense. Foi mariño, técnico de son, fotógrafo e profesor nas universidades de Chicago, Yale e Harvard. Colaborador en The Negro Quaterly, The Reporter e Saturday Review, na súa obra reflectiu os problemas raciais dos EE UU. Da súa produción destaca Invisible Man (O home invisible, National Book Award, 1952). En 1970 foi nomeado Cabaleiro da Orde das Artes e Letras polo goberno francés e en 1985 recibiu a Medalla Nacional das Artes dos EE UU.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Oklahoma City -
Deceso
Lugar : Nova York