elohísta

elohísta

(< antropónimo Elohim)

adx [RELIX]

Aplícase a unha das fontes, documentos ou tradicións que os eséxetas distinguen nos libros bíblicos do Pentateuco. Posúen unha serie de trazos característicos, entre outros, o uso case exclusivo da palabra Elohim en lugar de Iavé, a designación dos habitantes de Canaán como amorreos e do Sinaí como Horeb.