Elona
Elona
[ANIMAL]
Xénero de gasterópodos terrestres coa cuncha de ata 30 mm de diámetro, aplanada e cóncava na parte media, de cor acastañada escura e embigo amplo. Son activos durante a noite e nas horas de luz dos días de chuvia. A especie E. quimperiana habita nas carballeiras e soutos de Bretaña, Euskadi, Cantabria, Asturias e Galicia.