Elorza Domínguez, Antonio

Elorza Domínguez, Antonio

Politicólogo. Doutor en Ciencias Políticas e Económicas (1969) e catedrático de Historia do Pensamento Político (1982) na Universidad Complutense de Madrid, foi vicedecano da facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidad Complutense (1977-1982) e profesor invitado nas universidades de Turín, París X, Nanterre e Dijon, e na École des Hautes Études en Sciences Sociales de París. Colaborador, entre outras publicacións, de Revista de Occidente, Revista de Estudios Políticos, Cuadernos Hispanoamericanos, Cuadernos de Ruedo Ibérico, Cahiers d’Histoire e Communisme, dirixiu a revista Estudios de Historia Social (1977-1992) e formou parte dos consellos científicos das revistas Passato e Presente, Idearium e Revista Internacional de Estudios Vascos. Entre os seus libros cómpre salientar La ideología liberal en la Ilustración española (1970), Ideologías del nacionalismo vasco, 1876-1937 (1978), La modernización política en España (1990), La Internacional Comunista y España (1919-1939) (1999) e a súa colaboración en La historia de ETA (2000).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Madrid