Elton John

Elton John

Cantante e compositor. Nome artístico de Reginald Kenneth Dwight. Foi bolseiro da Real Academia de Música de Londres e formou parte da banda Bluesology, xunto con Long John Baldry e Elton Dean, dos que tomou os seus nomes para formar o seu artístico. Posteriormente, coñeceu a Bernie Taupin co que creou éxitos como Your Song, Daniel ou Crocodile Rock. Gañador de premios Grammys e dun Oscar pola canción Can You Feel The Love Tonigth, da película de Disney The Lion King, en 1992 creou a Elton John AIDS Foundation, organización para a loita contra a sida. Da súa discografía destaca Empty Sky (1969), Elton John (1970), Goodbye Yellow Brick Road (1973), Her & There (1976), Fox (1981), Ice on Fire (1985), Duets (1993), The Lion King (1994), Love Song (1996) e One Night Only (2000). É membro honorario da Real Academia da Música e foi nomeado sir.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Pinner, Midlesex