Elvas

Elvas

Cidade do distrito de Portalegre, no Alto Alentejo, Portugal (30.000 h [1995]). As boas comunicacións terrestres fan dela un destacado núcleo comercial; tamén son importantes na súa economía as industrias agroalimentarias. Conquistada aos musulmáns en 1230, foi sede da diocese (1570-1882). Durante a Restauração (1640-1668), sufriu un asedio en 1658 que rematou coa Batalla das Linhas de Elvas. Preto dela, en Salvatierra, Xoán I de Castela e Fernando I de Portugal asinaron, en 1383, o denominado acordo de Elvas, que concertaba o matrimonio de Beatriz de Portugal con Xoán I de Castela. Do seu patrimonio cultural destaca a catedral (s XVI) e o acueduto da Amoreira (ss XV-XVII).