Elvira Cuadrado, Francisco
Guerrilleiro antifranquista. Militante comunista, trala Guerra Civil estivo preso no campo de traballo mineiro de Casaio, nos contrafortes da serra do Eixe, de onde fuxiu. Incorporouse ás guerrillas que actuaban na zona e participou en diversas accións que se levaron a cabo na confluencia das provincias de Ourense, Lugo e León, ámbito de actuación da Iª Agrupación Guerrilleira. En 1945 foi elixido, en representación dos militantes comunistas guerrilleiros, comisario adxunto ao Estado Mayor de la Federación Nacional de Guerrillas. Foi partidario de superar as diferencias políticas existentes entre os guerrilleiros, principalmente entre comunistas, por unha banda, e socialistas, anarquistas e republicanos pola outra, e formar un bloque único. Participou no chamado Congreso de Reunificación, celebrado no val do río Bruña, preto de Casaio, en xullo de 1946, onde morreu a mans da Garda Civil.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Guadalajara -
Deceso
Lugar : Casaio