Elvira de León
Elvira de León
Rexente de León, filla de Ramiro II. Monxa no mosteiro de San Salvador de León, exerceu a rexencia do seu sobriño Ramiro III (966-975) xunto coa súa cuñada Tareixa. Ratificou o tratado de paz con Al-Hakam II e enfrontouse a unha invasión normanda en Galicia. Tentou impoñerse aos nobres co apoio do clero, pero non puido evitar que Castela se independizase baixo o goberno de Fernán González, mentres Galicia e Portugal gozaban de grande independencia. Volveu ao mosteiro cando Ramiro III chegou á maioría de idade.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : León