Ely

Ely

Cidade do condado de Cambridgeshire, en Inglaterra, Reino Unido, situada á beira do río Ouse (13.507 h [1981]). Do seu patrimonio cultural destaca a catedral, con planta de estilo normando (1090-1130), na que sobresae a capela da Virxe (1321-1349), de estilo gótico florido.