Emancipación, La

Emancipación, La
[PUBLIC]

oceiro da coruñesa Sociedad de Carpinteros La Emancipación, de carácter libertario, imprentado na capital herculina entre o 1 de maio de 1900 e finais de maio de 1901. Foi suspendido por mor da represión gobernamental posterior aos sucesos acaecidos co gallo da folga dos empregados de consumo. Reapareceu o 7 de setembro do ano seguinte como voceiro do conxunto das sociedades de resistencia da cidade. De carácter mensual na súa primeira etapa, converteuse en semanario na etapa posterior que se prolongou, cando menos, ata abril de 1903.