Emancipación, La

Emancipación, La

Publicación aparecida na vila de Noia en 1903 co subtítulo “Se publica una vez por semana”. A partir de 1905 a súa cabeceira ía acompañada da lenda “Se publica dos veces al mes” e incluía o nome do seu director, Francisco Vázquez Enríquez. Amais dos contidos de carácter local, inseriu algunhas colaboracións literarias de Victoriano García Martí e Heraclio Pérez Placer, como o poema en galego “Parrafeo”, asinado por este último.