embalo

embalo

(< 1 embalar)

  1. s m [PESCA]

    Acción de embalar para dirixir o peixe cara a rede.

    Ex: O seu pai ensinoulle a facer o embalo.

  2. s m [PESCA]

    Pedra atada a un cabo coa que se bate na auga para que os peixes caian nas redes.

    Ex: O embalo era tan pesado que rompeu o cabo.

    Sinónimos: balo, pandullo.
  3. s m [PESCA]

    Aparello de pesca semellante ao trasmallo que se compón dun só pano de malla pequena. Emprégase na pesca das xardas, agullas, xurelos, bogas e outras especies que nadan en augas próximas á superficie, preto da costa; estes quedan enganchados nas mallas ao trataren de atravesar a rede. Pódese calar a diferentes alturas segundo a profundidade á que naden os peixes que se desexan capturar.

    Sinónimos: veta.