Emberger, Louis Marie
Emberger, Louis Marie
Botánico francés. Os seus estudios máis destacados tratan problemas de bioclimatoloxía, morfoloxía vexetal, paleobotánica e sistemática botánica. Estableceu o coeficiente de Emberger, para analizar as condicións bioclimáticas que relacionan as precipitacións coa amplitude térmica a través das temperaturas mínimas medias dos meses máis fríos e das máximas medias dos meses máis cálidos. Fundou en Montpellier o Centre d’Études Phytosociologiques et Écologiques, que leva o seu nome dende 1979. As súas obras máis coñecidas son Les plantes fossiles dans leur rapport avec les végétaux vivants (As plantas fósiles e a súa influencia nos vexetais vivos, 1944) e Traité de Botanique (Tratado de botánica, 1960).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Thann, Alsacia -
Deceso
Lugar : Montpellier