emenda

emenda

(< emendar)

  1. s f

    Acción e efecto de emendar ou emendarse.

    Ex: Non se notou ningunha emenda nos seus actos. Está moi arrepentido e xa fixo propósito de emenda.

  2. [DER]
    1. s f

      Rectificación perceptible de erros materiais nos escritos legais que debe salvarse ao final do texto.

      Ex: A oposición propuxo algunhas emendas ao texto presentado polo grupo do goberno.

    2. dereito de enmenda

      Dereito que posúen os membros das asembleas lexislativas para propoñer na discusión dos proxectos de lei modificacións dos textos. As emendas son á totalidade, se versan sobre a oportunidade, os principios ou o espírito do proxecto de lei e solicítanlle a súa devolución ao goberno para que a volva redactar, ou ben propoñen un texto completo alternativo ao do proxecto. As emendas son ó articulado, se propoñen a supresión, modificación ou adición de artigos ao texto. As emendas aprobadas inclúense no texto legal definitivo.

Palabras veciñas

eme | Emeigual | emenagogo -ga | emenda | emendable | emendar | emendatio*