emitrón
emitrón
s
m
[TECNOL]
Tubo analizador de televisión, moi semellante ao orticón, caracterizado por un poder resolutivo elevado, unha sensibilidade media e unha vida moi prolongada. O emitrón actual é un tubo de potencial de cátodo estabilizado, denominado emitrón CPS, que leva unha malla de estabilización co fin de limitar a tensión do mosaico a uns 15 V.