Emmanuel/Emmanuela
Emmanuel/Emmanuela
[ONOM]
An-tropónimo procedente da expresión hebrea Immanu’el ‘Deus está connosco’, coa que o profeta Isaías designa o Mesías nas Sagradas Escrituras. No paso ao latín e grego conservou a súa forma integral, pero na Península Ibérica sufriu a aférese da sílaba inicial (Manuel). A súa festividade celébrase o 1 de xaneiro.