empírico -ca
(< lat empirĭcu < gr ἐμπειρικός‘que xorde da experiencia’)
-
-
adx
Que se basea na experiencia e na observación, ben sexa dun xeito metódico ou non. Distínguese entre a experiencia común, construída a partir dos sentidos e que se refire a feitos; e a experiencia científica, realizada coa axuda de instrumentos de medición, preparada e acondicionada en laboratorio, e que proporciona unha expresión cuantitativa dos fenómenos (experimentación). Na historia foi moi común contrapoñer o empírico ao racional polo que dende o s XVII se distinguen dúas correntes epistemolóxicas contrapostas, o empirismo e o racionalismo.
-
filosofía empírica
[FILOS]
Corrente filosófica que tamén se coñece co nome de empirismo.
-
lei empírica
[FÍS]
Lei á que se ten chegado estatisticamente por coñecementos obtidos da experiencia directa, non a través da teoría e do cálculo.
-
adx
-
adx e s
Que ou quen é partidario do empirismo.