Empresa
Empresa
Publicación aparecida na Coruña en 1947 e subtitulada “Revista económico-social. Boletín sindical”. Contou coa colaboración de Ricardo Fernández, José M. Liaño, Francisco Casares e Bartolomé Guillén. Incluíu artigos sobre industria pesqueira, hostalería, lexislación industrial, movemento e tráfico de portos, cotizacións e informes financeiros.