Empresa Pontevedra

Empresa Pontevedra

Publicación bimestral de carácter económico que apareceu en Vigo a partir de 1977. Editada pola Confederación de Empresarios de Pontevedra e dirixida por Ramón Búa Paseiro, ofrece información relacionada co mundo empresarial e co emprego. Analiza as infraestruturas e os problemas das pequenas e medianas empresas, a participación da Unión Europea na economía española e galega, e inclúe disposicións lexislativas de interese para os empresarios e os traballadores. Ademais, insire información sobre turismo, cultura e medio ambiente.