empréstito

empréstito

(< lat ĭnpraestĭtu)

  1. s m

    Acción de dar ou recibir algo emprestado.

    Sinónimos: préstamo.
  2. s m [ECON]

    Préstamo que un goberno, unha institución pública ou unha empresa privada obtén por subscrición dun particular, obrigándose a pagar os xuros e a devolver o importe nun período determinado. Xeralmente, establécese a partición da débeda a través de títulos xenéricos, denominados obrigacións, cando o financiamento fai referencia á empresa e bonos ou títulos de débeda pública se se trata de organismos públicos. É unha fonte clásica de financiamento a longo prazo das grandes empresas e do Estado.

  3. s m

    Cantidade de diñeiro que se presta.

    Sinónimos: préstamo.

Palabras veciñas

emprestado -da | emprestado -da | emprestar | empréstito | emproar | Empson, William | empullantar