encadeado -da
encadeado -da
(< encadear)
-
p reg
de encadear ou encadearse.
-
adx
[LIT]
Aplícase á estrofa que co seu primeiro verso retoma total ou parcialmente o último verso da estrofa precedente, ou ao verso que comeza coa última palabra do que o precede.
-
s
m
Conxunto de cadeas que serven para axudar a suxeitar o piso do carro.
-
s
m
[IMAX]
Efecto cinematográfico que consiste en superpoñer unha imaxe á anterior, que vai esvaecendo.
-
s
m
[CONSTR]
Conxunto de madeiras ensambladas sobre o que se constrúe unha obra de fábrica.
-
s
m
[CONSTR]
Machón de formigón ou de cantería que serve para reforzar un muro.