encaixamento
encaixamento
(< encaixar)
-
s
m
[FISIOL]
Proceso dinámico mediante o que a circunferencia máxima da presentación fetal atravesa o estreito superior e penetra progresivamente no canal pelviano. Pode ter lugar nas últimas semanas de xestación ou unha vez iniciado o traballo de parto.
-
s
m
[XEOL]
Proceso de erosión fluvial debido ao aumento da enerxía da corrente, provocada xeralmente por un proceso tectónico que incrementa o desnivel do curso ou por un cambio climático que modifica á alza o caudal medio do mesmo.