Enciclopedia Popular

Enciclopedia Popular

Publicación aparecida en Ferrol o 1 de maio de 1872 e dirixida por Xulio Sandino Barcón. Subtitulouse “El álbum de la familia”. No seu editorial informaba sobre a inclusión de artigos de ciencias, literatura e artes, ademais de novas sobre sucesos políticos en España e no estranxeiro. No seu primeiro número inseriu o poema “A Cuba”, de Xoán Manuel Pintos.