enciclopedismo
(< enciclopedia)
-
s
m
[FILOS]
isión da natureza e da sociedade propia dos creadores da Encyclopédie, que rexeitaba o dogmatismo e a tradición establecida, baseándose no racionalismo e no empirismo, e que pretendía acadar a obxectividade crítica mediante a unión entre a ciencia e a técnica. Xurdiu como variante radical da Ilustración e definiu os ideais dun grupo da burguesía francesa, integrado por industriais, comerciantes, artistas, técnicos, científicos e administradores. Ordenaba as realidades de forma que constituían unha totalidade coherente e comprensible. O seu humanismo e a súa actitude antiteolóxica levounos a un materialismo antimetafísico nas ciencias naturais e na teoría do coñecemento (sensismo). No campo socioeconómico, acolleu algunhas doutrinas e directrices fisiocráticas xunto cos postulados de liberdade de produción e de comercio. As súas teorizacións políticas asentáronse sobre os principios da soberanía nacional, liberdade individual do cidadán e igualdade xurídica. O seu interese por atopar a razón das cousas,conformou unha crítica estable, ao mesmo tempo que un dos seus líderes, Denis Diderot, defendeu o papel dos sentimentos e da natureza como fonte de inspiración. Na Revolución Francesa estivo representada polos membros da Asemblea Constituínte, que despois do golpe de estado de Termidor e durante o Directorio acadaron o poder xunto coa burguesía. Fóra de Francia, influíu en Suíza, Polonia e nas Península Ibérica e Itálica.
-
-
s
m
Posesión do conxunto dos coñecementos humanos ou de campos moi variados.
-
enciclopedismo pedagóxico
[EDUC]
Afán desmedido por aprenderlles aos alumnos elementos de moitas ciencias coa pretensión de enchelos de múltiples coñecementos.
-
s
m