Encinar Arias, Fermín
Pintor. Formou parte na Coruña dos grupos La Galga e Atlántica. Comezou cultivando a abstracción para despois decantarse pola figuración. Os seus óleos e acuarelas mostran paisaxes, figuras e bodegóns que recollen as vivencias das súas viaxes realizadas por Europa e o Norte de África. A súa pintura é vitalista e colorista, e destaca polo tratamento da luz que, dende un punto de vista contemporáneo, retoma as características nadas no impresionismo e no fauvismo. En 1988 realizou murais para diversos colexios públicos por encargo da Xunta de Galicia. Realizou exposicións en cidades como A Coruña, Santiago de Compostela, Monforte de Lemos, Ferrol, Vigo, Madrid ou Barcelona. Dende 1980 participou nas exposicións de Arte-Postal e, entre outras mostras, no Feito Plástico Galego (Vigo, 1981), Homenaxe a Picasso (A Coruña, 1981), RELLIGAT/ASSEMBLING (Barcelona, 1982), Homenaxe a Luís Seoane (A Coruña, 1984), Bienal Internacional de Poesía Visual y Experimental (Ciudad de México, 1985), Bienal de Venecia 1986, PRESENZE FUTURISTE (Bertiolo, 1987), Supermercado de Arte, American Prints (A Coruña, 1998-1999). A súa obra está presente no Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside de Sada, no Museo español de Arte Contemporánea (Libros de Artistas), no Museo del “Joc” de Figueres e no Museo de la Universidad de Ciudad de México.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Monforte de Lemos