Encinas Bardem, Javier

Encinas Bardem, Javier

Actor cinematográfico. Coñecido como Javier Bardem, participou en diversas series de televisión como Segunda Enseñanza ou Brigada Central. En 1990 o director Bigas Luna deulle un papel en Las Edades de Lulú que significou o inicio dunha importante carreira cinematográfica na que destacan títulos como Tacones lejanos (1991), Amo tu cama rica (1991), Jamón, jamón (1992), Huevos de oro (1993), El amante bilingüe (1993), Días contados (1994), Boca a boca (1995), Airbag (1997), Carne trémula (1997), Torrente (1998), Entre las piernas (1999), Before Night Falls (Antes de que anoiteza, 2000) ou Los lunes al sol (2002). Entre os distintos galardóns que recibiu destacan o Premio ao mellor actor no Festival Internacional de Cine Donostia-San Sebastián en 1994 por Días contados e El detective y la muerte; o Premio Goya ao mellor actor de reparto en 1995 por Días contados; o Premio Goya ao mellor actor protagonista en 1996 por Boca a boca; o Premio do público da Academia de Cine Europeo en 1997 por Carne trémula; ou o Premio “Copa Volpi” da Mostra Internazionale d’Arte Cinematografica di Venezia no ano 2000 por Before Night Falls. Por esta mesma película conseguiu unha nominación como mellor actor nos Oscar de 2001.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Las Palmas de Gran Canaria