Enclave

Enclave

Publicación aparecida en Santiago de Compostela en 1997 e subtitulada “Revista galega de política e pensamento”. Coordinada por Miguel Mato Fondo e editada por Esquerda Nacionalista, partido político integrado no BNG, tenta difundir a través de números monográficos diversos aspectos relacionados coa cultura e a política galegas. Así, ao longo das súas edicións incluíu, entre outros temas, información sobre as diferentes campañas electorais, a relación entre Galicia e Portugal, o proceso de globalización, a identidade galega ante Europa e a realidade musical no país. Á parte das reproducións de cadros e fotografías de artistas galegos que acompañan os artigos, insire unha tira cómica de Pepe Carreiro.