encubrimento
encubrimento
(< encubrir)
-
s
m
Acción de encubrir.
-
s
m
[DER]
Forma de participación nun delito con actos posteriores á súa consumación, sen que sexa necesario participar como autor ou cómplice, e que ten por finalidade impedir o descubrimento ou a captura do criminal e axudalo a aproveitarse dos efectos do delito. No delito de encubrimento tamén se inclúen os actos nos que se oculten o corpo ou os efectos do delito e a eliminación das pegadas realizadas, co fin de eludir a acción da xustiza. Os parentes próximos están exentos de pena se non participan dos resultados da acción criminal.