enculturación
enculturación
(< cultura)
s
f
[ANTROP/CULT]
Proceso polo que a cultura dunha sociedade se transmite dunha xeración á seguinte. Iníciase na infancia dun xeito inconsciente e comporta, no período adulto, a aceptación ou o rexeitamento consciente de novas formas culturais segundo se acepten ou non os modelos adquiridos no período infantil. O termo introduciuno o antropólogo norteamericano M. J. Herskovits e pódese considerar unha versión antropolóxica do concepto de socialización.