endémico -ca

endémico -ca

(< endemia)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á endemia.

  2. adx [BIOL]

    Aplícase á especie ou a outro taxon que teñen unha orixe e área de distribución restrinxidas ou limitadas a unha localidade ou rexión específicas.

  3. adx

    Aplícase aos acontecementos ou feitos que se repiten dun xeito frecuente nunha zona determinada.

    Ex: As loitas endémicas eran correntes nun país onde existían tantas tribos.

Palabras veciñas

endelgar | Endell, August | endemia | endémico -ca | endemismo | endemoñado -da | endemoñar