endemoñado -da

endemoñado -da

(< endemoñar)

  1. p reg

    de endemoñar ou endemoñarse.

  2. adx e s

    Que ou quen está posuído polo demo.

    Ex: Contaban casos de xente endemoñada. Ós endemoñados practícanselles exorcismos.

  3. adx
    1. Que manifesta perversidade ou mal carácter.

      Ex: Ten un xenio endemoñado; non hai quen o ature.

    2. Que gusta de facer trasnadas ou falcatruadas.

      Ex: Con ese rapaz endemoñado nunca se pode estar tranquilo.

      Sinónimos: traste.
  4. adx

    Aplícase a aquilo que enfastía, molesta ou dá moito traballo.

    Ex: Resultou unha tarefa endemoñada quitar as malas herbas da horta. Iso ten un cheiro endemoñado.

Palabras veciñas

endemia | endémico -ca | endemismo | endemoñado -da | endemoñar | endeño | endentado -da