Enders, John Franklin

Enders, John Franklin

Microbiólogo norteamericano. Estudiou nas universidades de Yale e Harvard, na que se doutorou en Microbioloxía no 1930, e onde exerceu como profesor ata 1946. As súas investigacións centráronse fundamentalmente na busca de vacinas eficaces contra as enfermidades de orixe bacteriana ou vírica. En 1954 outorgóuselle, xuntamente con Frederick C. Robbins e Thomas H. Weller, cos que colaborou durante moitos anos, o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía pola obtención do virus da poliomelite nun cultivo de tecidos humanos non nerviosos (epitelial e muscular), o que permitiu obter a vacina contra a mesma. A finais dos anos cincuenta produciu, xunto con outros investigadores, a primeira vacina contra o virus do sarampelo.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : West Hartford, Connecticut

  • Deceso

    Lugar : Waterford, Connecticut