Enes, António José
Enes, António José
Político e xornalista. Desenvolveu o seu labor xornalístico no Jornal do Comércio, na Gazeta do Porto e no Correio da Noite. Foi director de O País e fundou en 1887 O Dia. Como político, foi ministro de Mariña e do Ultramar e comisario real en Moçambique (1891-1896), onde realizou un labor de modernización na administración colonial. En 1896 ocupou o posto de ministro de Portugal en Brasil. Entre as súas obras destacan A Irmã de Caridade e Caminho errado.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Lisboa -
Deceso
Lugar : Queluz, Sintra